domingo, 10 de mayo de 2009

AS FÓRMULAS

As fórmulas serven para realizar cálculos que se introducen nas casillas de calc, poden ser moi variadas. Cada unha delas realiza unha función diferente. É interesante saber uns conceptos básicos das fórmulas antes de comezar a introducilas. A orde apropiada para introducir os compoñentes dunha fórmula son as seguintes:
-1.Teclear o símbolo de igual a=
-2.Introducir un dato.
-3.Teclear un operador matemático.
-4.Introducir outro dato.
O resultado seria algo parecido:
=B10+C5*(D2/A7)-B3

miércoles, 6 de mayo de 2009

COMO GARDAR E MODIFICAR UNHA FOLLA DE CALCULO

No momento en que queiramos crear unha nova folla de cálculo ,teremos que acceder a opción novo do menú ficheiro e seleccionar folla de cálculo. Se temos máis de unha folla de cálculo accederemos a elas a través da barra de tareas nas que aparecen de forma ordenada, faremos clic enriba da folla de cálculo, e desta forma accederemos. Outra forma para poder entrar seria a través do menú ventana facendo clic sobre o archivo que queremos acceder.
Cando realizamos un traballo dentro das follas de cálculo, e queremos gardar os seus cambios, deberemos pulsar gardar na barra de ferramentas ou sinón desde o menú ficheiro,si queremos empregar un nome faremos clic na opción gardar como dentro do menú ficheiro