domingo, 10 de mayo de 2009

AS FÓRMULAS

As fórmulas serven para realizar cálculos que se introducen nas casillas de calc, poden ser moi variadas. Cada unha delas realiza unha función diferente. É interesante saber uns conceptos básicos das fórmulas antes de comezar a introducilas. A orde apropiada para introducir os compoñentes dunha fórmula son as seguintes:
-1.Teclear o símbolo de igual a=
-2.Introducir un dato.
-3.Teclear un operador matemático.
-4.Introducir outro dato.
O resultado seria algo parecido:
=B10+C5*(D2/A7)-B3

miércoles, 6 de mayo de 2009

COMO GARDAR E MODIFICAR UNHA FOLLA DE CALCULO

No momento en que queiramos crear unha nova folla de cálculo ,teremos que acceder a opción novo do menú ficheiro e seleccionar folla de cálculo. Se temos máis de unha folla de cálculo accederemos a elas a través da barra de tareas nas que aparecen de forma ordenada, faremos clic enriba da folla de cálculo, e desta forma accederemos. Outra forma para poder entrar seria a través do menú ventana facendo clic sobre o archivo que queremos acceder.
Cando realizamos un traballo dentro das follas de cálculo, e queremos gardar os seus cambios, deberemos pulsar gardar na barra de ferramentas ou sinón desde o menú ficheiro,si queremos empregar un nome faremos clic na opción gardar como dentro do menú ficheiro

miércoles, 22 de abril de 2009

ENTORNO DE TRABALLO DE CALC

Ó iniciar calc aparece unha pantalla coma esta.


Na barra de título aparece o nome do documento sobre o que se esta traballando neste momento, a dereita aparecen os botóns para minimizar, restaurar e pechar respectivamente.


Máis abaixo encontramos a barra de menú , que contén as operacions de calc agrupadas en menús despegabres.

A continuación atopase a barra de ferramentas que contén iconos como os de copiar, gardar, cortar que permite acceder de forma inmediata.

O seguinte que encontamos é a barra de formato que contén as operacións máis comúns sobre formatos, como poñer en negrita, cursiva, elexir o tipo de fonte...
Despois encontramos a barra de fórmulas que sirve para introducir a formula desexada dentro da casilla que teñamos seleccionada.

Ó final da folla encontramonos a barra de etiquetas , barra desprazamento e a barra de estado.
A barra de etiquetas sirve para ver as distintas follas que teñamos.

A barra de desprazamento sirve para movernos ó ancho e longo da folla.


A barra de estado sirve para darnos información sobre o número de páxinas do documento e da páxina actual ó estilo empregado e o zoom da pantalla...

domingo, 19 de abril de 2009

COMO DESCARGAR CALC?

O programa Openoffice Calc podémolo descargar de diferentes páxinas de Internet, pero as que consideramos mais recomendables son por exemplo Mancomún.org na que aparece o programa que esta en galego, ou a suite informática oficial openoffice.


Unha vez que estamos dentro dela realmente o que descargamos é unha suite ofimática, unha serie de programas como por exemplo procesadores de textos e entre eles esta o Calc

miércoles, 15 de abril de 2009

¿QUE É CALC?

É unha folla de calculo de software libre compatible con microsoft excel. Forma parte da suite informática OpenOffice, Calc pode empregarse por exemplo con sistemas operativos como windows e GNU/Linux.

O progama permite traballar con números en táboas compostas por filas e columnas realizando cálculos e introducindo fórmulas para poder obter o resultado desexado.