miércoles, 22 de abril de 2009

ENTORNO DE TRABALLO DE CALC

Ó iniciar calc aparece unha pantalla coma esta.


Na barra de título aparece o nome do documento sobre o que se esta traballando neste momento, a dereita aparecen os botóns para minimizar, restaurar e pechar respectivamente.


Máis abaixo encontramos a barra de menú , que contén as operacions de calc agrupadas en menús despegabres.

A continuación atopase a barra de ferramentas que contén iconos como os de copiar, gardar, cortar que permite acceder de forma inmediata.

O seguinte que encontamos é a barra de formato que contén as operacións máis comúns sobre formatos, como poñer en negrita, cursiva, elexir o tipo de fonte...
Despois encontramos a barra de fórmulas que sirve para introducir a formula desexada dentro da casilla que teñamos seleccionada.

Ó final da folla encontramonos a barra de etiquetas , barra desprazamento e a barra de estado.
A barra de etiquetas sirve para ver as distintas follas que teñamos.

A barra de desprazamento sirve para movernos ó ancho e longo da folla.


A barra de estado sirve para darnos información sobre o número de páxinas do documento e da páxina actual ó estilo empregado e o zoom da pantalla...

0 comentarios:

Publicar un comentario